
O día de fin de ano San Xoan de Río despedirá 2024 cun evento moi especial, emotivo e solidario co lema “Nós non nos olvidamos”.
En lembranza á catástrofe da DANA que arrasou a Comunidade Valenciana o pasado mes de outubro, e aos seus damnificados, o programa comezará ás 11 horas cunha recepción institucional no Salón de Plenos do Concello na que contarán coa presenza de Ainhoa González, concelleira de Alginet con orixes en Río.
Ás 12 horas serán as xa tradicionais prebadaladas e brinde polo Aninovo dende a praza de Pedro Fernández; e ás 12:30 horas haberá unha paella solidaria, na mesma praza, cuxos cartos serán entregados á Societat Musical d’Algemesí, outra das localidades valencianas fortemente afectadas pola DANA.