ConcellosO BoloÚltima hora

Un grupo de turistas da provincia da Coruña visitan as terras do Bolo

Na Semana Santa o servizo de atención turística atendeu nos 4 días de apertura a máis de 100 personas

 

Nos 4 días de apertura na Semana Santa o servizo de atención turística do Bolo atendeu a máis de 100 persoas procedentes maioritariamente de Galicia pero tamén de Madrid, Barcelona, País Vasco e Andalucía.

 

 

E na xornada deste domingo 7 de abril, o Concello do Bolo recibía a un grupo de 30 persoas procedentes de terras coruñesas (A Coruña, Betanzos,…). “Viñan nunha viaxe organizada por unha axencia e reservaron visita guiada no Santuario das Ermidas e no Castelo do Bolo”, explica a responsable do servizo de atención turística, Soledad Figueroa, adiantando que para este mes, de momento teñen reservas de 3 viaxes de axencias de toda Galicia “traendo a terras bolesas máis de 200 personas nestas excursións procedentes de diferentes puntos da comunidade”.

 

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button