No mediodía deste sábado 29 de xuño un home tiña que ser trasladado en helicóptero logo de ser picado por unha avesoa en San Cristovo de Cea, tal como informan dende o 112 Galicia, recoñecendo que “non tiña constancia de que fose alérxico”.
Tamén explican que vinte minutos antes das 12 horas unha persoa alertaba despois de que a súa parella sufrise a picadura dunha avespa. “Durante a súa chamada tamén indicou que o afectado atopábase mareado”.
Con esta información, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Ourense e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Cristovo de Cea.
As urxencias sanitarias mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata a parroquia de Covas, lugar onde se atopaba o home afectado, o cal foi trasladado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.




