OurenseÚltima hora

Un incendio forestal iniciado en Barral (Castrelo de Miño) ameaza ao pobo do Pereiro

Incendio en Castrelo de Miño./ Imaxe: Brif Laza.

 

Ás 17:43h. desta tarde iniciábase un incendio forestal na parroquia de Barral, no concello de Castrelo de Miño. Rozando as dez desta noite o lume complicábase e aproximábase ao núcleo de Pereiro, o que levaba á Consellería de Medio Rural a decretar a situación de nivel 2 pola cercanía das chamas ás casas.

Segundos os últimos datos públicos por Medio Rural (ás 22h.), o incendio rolda as 65 hectáreas de superficie afectada provisional. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 1 técnico, 9 axentes, 17 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 7 avións e 11 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button