O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participaba na presentación do Campionato de España de Maratón de Remo que se desenvolverá os vindeiros 8 e 9 de xuño no Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño.
A proba, na que participarán máis de 800 deportistas de todas as comunidades autonómicas, comezará o venres, 7 de xuño, co Campionato de España de Maratón Corto sobre un percorrido de 3 Km.
O sábado 8 e domingo 9 celebrarase o Campionato de España de Maratón, que contará cun percorrido de 11 a 29km. e na que participarán todas las categorías incluído ParaCanoe e K2 inclusivo.