ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Un incendio obriga a desaloxar un edificio na rúa da Estación, no Barco

 

Na tarde deste domingo 24 de setembro o aviso dun incendio nun edificio no Barco de Valdeorras mobilizaba aos servizos de emerxencia. En torno ás 19:50 horas saltaba o aviso no 112 Galicia dun incendio urbano no 6º piso do Nº 13 da céntrica rúa da Estación que obrigaba ao desaloxo do edificio.

Ata o lugar dos feitos desprazábase a Policía Local do Barco, o GES Valdeorras, unha ambulancia do 061 e os Bombeiros do parque comarcal. Malia non verse lume nin chamas si se vía saír abundante fume.

 

 

A rúa (dirección Malecón) cortábase ao tráfico. A Policía Local do Barco informaba ás 21h. aos veciños de que os bombeiros estaban ventilando e ían facer un último repaso con cámaras térmicas para comprobar que non quedasen restos de fume, e que nuns quince minutos abrirían de novo o edificio para que puidesen regresar ás súas vivendas. E así sucedía, sobre ás 21:20h. os veciños volvían entrar nas súas casas.

Ata o lugar do suceso achegábase tamén o alcalde accidental do Barco, Aurentino Alonso, ofrecendo a colaboración do Concello, en caso de ser necesaria, ás persoas que foron desaloxadas. Ás 21:30h. reabríase ao tráfico á rúa da Estación do Barco.

Vídeos cedidos.

 

 

https://youtube.com/shorts/lx_eVhfwHfo?feature=share

https://youtube.com/shorts/d9BAj25oF9k?feature=share

 

Artigos relacionados

Back to top button