ConcellosÚltima hora

Un incendio queima monte baixo en Viana do Bolo

Imaxe da zona queimada no municipio de Viana do Bolo./ Foto: Brif Laza.

 

Ademais do lume forestal que afectaba o domingo á Gudiña, tamén tiña lugar outro no concello veciño de Viana do Bolo. En concreto producíase nunha zona situada entre Paradela e Rubiais, na estrada que sube cara Cepedelo. Ese mesmo incendio reavibábase o 18 de setembro e requería novamente a intervención dos servizos de extinción que lograban extinguilo.

A zona queimada era unicamente de monte baixo. Nas proximidades hai un piñeiral que non se viu afectado.

 

Superficie queimada./ Foto: Brif Laza.

Artigos relacionados

Back to top button