CulturaCulturaÚltima hora

Un mallorquín gana o X Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil

Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O X Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil xa ten ganador. O xurado (composto polos profesores Antonio Carreño, Arturo Fernández e Delfín Caseiro) rematou o traballo de avaliación deste certame, que patrocina o Concello de Parda de Sil e que “xa é un concurso totalmente consolidado en España e fóra de España, especialmente en América”, segundo informa o alcalde Aquilino Domínguez.

Na presente edición o concurso contaba con máis de 800 participantes de practicamente todas as provincias españolas, 16 países de América, Francia, Italia ou Austria e mesmo houbo un participante de Qatar.

Despois dun duro traballo de avaliación, totalmente desinteresado por parte dos profesores, o gañador foi Antonio Tocornal co microrrelato titulado “Amores de Cristal”. Residente en Mallorca, conta con varias novelas publicadas, unha delas premio de novela Felipe Trigo.

O segundo posto foi para a veciña de Vigo profesora e tamén escritora ocasional, Beatriz Coira cun relato en galego titulado “Equilibrios”. E o terceiro premio otorgouse ao microrrelato titulado “El Olvido” da veciña de Gondomar Belén Pérez.

O vindeiro sábado día 14 farase entrega dos premios no acto que o Concello celebrará ás doce horas no salón de usos múltiples con motivo do día das Letras Galegas, que este ano a dicir do alcalde, Aquilino Domínguez “retoma a mesma forma e contidos que antes da pandemia”.

Artigos relacionados

Back to top button