ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Un millón de euros para mellorar base aérea contra incendios de San Xoán de Río

 

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, acompañado polo alcalde de San Xoán de Río, José Miguel Pérez, realizaba hoxe unha visita á base de medios aéreos da Xunta situada nesta localidade ourensá e na que se vai investir 1 millón de euros, con cargo aos orzamentos de 2024, para a súa remodelación.

Durante a súa visita, o director xeral poñía en valor “o importante labor do persoal destas instalacións na loita contra o lume” e lembraba que as actuacións, “que está previsto iniciar xa este mesmo ano, para telas listas no vindeiro, permitirán, entre outras melloras, habilitar dous espazos diferenciados na base; un para brigadas de prevención e defensa contra incendios e outro específico para pilotos de helicópteros”.

 

Artigos relacionados

Back to top button