CulturaCulturaÚltima hora

Un mosaico para o Sil, da man de Chere e aberto a veciños e visitantes do Barco

A súa construción está prevista para os días 8 e 9 de setembro cun horario de 10h. a 20h. na praia fluvial do Malecón
Chere, elaborando un mural no IES Lauro Olmo do Barco./ Foto: A.R.

Entre as propostas artísticas que se inclúen dentro do programa das Festas do Cristo 2018 do Barco figura unha moi singular. Trátase dun proxecto creativo aberto a públicos de todas as idades, que o artista Gerardo Rodríguez Ramos “Chere” pon en práctica por segunda vez no Barco.

Trátase de elaborar un mosaico a base de anacos de cerámica e de vaixelas de Sargadelos que, nesta ocasión terá como motivo catro peixes. A súa construción está prevista para os días 8 e 9 de setembro cun horario de 10h. a 20h. na praia fluvial do Malecón (na zona próxima a Correos).

 

Todo aquel que queira poderá colocar a súa tesela nesta obra colectiva que se fará no muro da praia do Malecón./ Foto: A.R.

Esta iniciativa contará coa dirección de Chere, pero serán catro nenos os encargados de coordinar cada unha das catro partes da obra. E cada un deles será dunha das catro provincias galegas, tal e como adiantaba en rolda de prensa a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta. Nesta proposta, engadía, “non hai límites de idade, calquera que queira vir a poñer a súa tesela no mural pode facelo”.

Artigos relacionados

Back to top button