ColaboraciónsOpiniónPremio Literario M. Tremiñá

Un novo amencer

Terceiro premio da categoría C

–Mirei pola fiestra–. Seguía chovendo. Xa empezaba a facerse día. Marcos non paraba de dar voltas, voltas, e mais voltas; saía, entraba, saía, entraba; volvía saír fora ….. iñame poñer tola con tanto axetreo. E Xurxo non daba terminado de chegar….

Deiteime na cama, mirei para o teito, coma buscando a Deus, e déixeime levar. De súpeto apareceron na habitación miña nai e María, una veciña do pobo. –Veña nena chegou a hora– díxome María. Eu aferreime cas mans as sabanas, e …. berrei. –Pechei os ollos e berrei; e a cada berro, eu empurraba– . –¡ A cabeza da dor que tiña, íame estoupar–. Con cada empurrón que daba, notaba como si se me esvararan para fora as entrañas do corpo.”Doía “; –Carafio si doía–; pero o mesmo tempo sentía por dentro una ledicia, e unha sensación de amor difíciles de explicar.

Despois de un bo intre, en realidade non sei canto tempo; e cando as forzas xa me estaban apunto de abandoar, –O Xurxo, saíu– . Xa non o sentía dentro de min; xa estaba fora. Eu estaba cansa, moi cansa; pero quería velo, tocalo, abrázalo. –¿Ónde está o meu pequecho?. –¡ Traédemo ! . –Quero sentilo a carón miña–. — “Por fin, xa mo traen–. –: Xurxiño, “ que bonitiño es “. –¿ Non choras ?–; mírasme o escoitala miña voz, e sorrís–. –Por fin estas comigo–. –Xa nunca te deixarei mentres viva, filliño meu–. ( ¡ Que curioso ¡), e agora neste preciso intre en que ti estas a mamar do meu peito, é cando me decato do que verdadeiramente significa ser mai; : ( ¡ Cantas veces mo dicía a mama a mín.! ). — Xurxo a partires de agora, comezamos unha nova historia, donde ti, vas selo noso protagonista..– .

Gervasio Moral Corzo

Artigos relacionados

Back to top button