CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Un novo ‘World Record Guinness’, en Verín

Lográbao o músico Álvaro Rúa bate coa nota máis longa tocada cun instrumento de vento

 

Álvaro Isaac Rúa Manso fixo historia esta mañá ao acadar o novo Récord Guinness Mundial por tocar a nota máis longa cun instrumento de vento, concretamente cunha gaita galega. Un logro tiña lugar no Auditorio Municipal, onde o músico verinés demostrou a súa gran destreza musical.

Para lograr romper este récord mundial, Álvaro Rúa decidiu utilizar o noso instrumento máis senlleiro, a gaita galega. Non obstante, o camiño cara ao récord non foi sinxelo. As normas impostas pola entidade Guinness son extremadamente estritas, o que requiriu a presenza de varios técnicos para a cronometraxe e especialistas en son, entre outros, que actuaron como testemuñas para validar o intento.

Tamén como observadora e anfitrioa estivo presente a concelleira de Cultura, Samanta Barreira, quen despois de felicitar a Álvaro Rúa polo seu gran logro declarouse “sumamente emocionada e orgullosa” de ser testemuña deste fito histórico. “O récord acadado por Álvaro é unha clara mostra do noso gran talento local e, por suposto, da riqueza musical de Galicia e a grandeza da gaita galega como un instrumento musical único e versátil”.

Desde unha perspectiva técnica, o desafío radicou en manter un mínimo de 80 decibelios constantes cun son estable durante todo o tempo, “o que representa unha tarefa sumamente complexa”, explicou Álvaro Rúa. O récord anterior (1 min 23.04 seg.) estaba en mans dun músico da India, quen o conseguiu tocando un corno tradicional do seu país, sendo superado hoxe polo músico verinés cunha duración final de 13 min 26.95 seg.

Artigos relacionados

Back to top button