EconomíaEconomíaÚltima hora

Un ordenador portátil con selo ourensán, entre os dez máis vendidos de Amazon

O notebook 1401.

Á espera de lanzar un novo modelo o próximo mes de maio, a empresa galega Primux, que elixiu a Tecnópole para instalar o seu centro de innovación, logrou nas últimas semanas situar o seu portátil estrela, o notebook 1401, entre os 10 máis vendidos da plataforma de comercio electrónico Amazon.

 O notebook 1401 foi, no momento do seu lanzamento ao mercado a principios de 2016, o primeiro ordenador portátil ultralixeiro deseñado e desenvolvido integramente en España. Enfocado ao uso doméstico e educativo, destaca o seu deseño ultradelgado (20,2 milímetros de grosor) e un peso aproximado de tan só 1.569 gramos, grazas a que incorpora unha pantalla HD de 14,1 polgadas.

Ao seu procesador a 1,84Ghz, que se completa con 2GB de memoria RAM, únense 32 GB de almacenamento interno (ampliables cunha tarxeta microSD até chegar aos 64 GB) be unha autonomía de entre 6 e 8 horas.

O CEO da empresa, Daniel Rodríguez, aseguraou que “a clave do éxito do produto é que se trata dun portátil moi asequible (199 euros) e de boa calidade”. Segundo os seus responsables, a marca está a explotar, sen desviarse nunca da liña marcada, os seus puntos fortes para consolidarse nun mercado moi competitivo: produtos funcionais, de calidade e a un prezo moi axustado.

“Durante años tan complicados (a empresa naceu en 2007, xusto antes do estalido da crise) foi a única maneira de poder seguir pelexando no sector”, afirma Rodríguez, “e é certo que non ten sido doado, pero estamos moi orgullosos de todo o conseguido e da variedad e a calidade do noso catálogo actual”.

Ao longo do mes de maio será presentado o Primux ioxbook 1402L, un novo portátil ultralixeiro que representa a última xeración dos notebooks deseñados en Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button