DeportesPiraguismoÚltima hora

Un palista do Club Fluvial Barco, no mundial sénior de maratón

Trátase do asturiano Miguel Fernández Castañón, que competirá en K-2 sénior con Diego Fernández Bedia

 

A Real Federación Española de Piragüismo publicaba finalmente o 10 de setembro a listaxe dos padexeiros clasificados oficialmente para participar no Campionato do Mundo de Maratón que se celebrará do 19 ao 22 de setembro en Metkovic (Croacia).

Entre eles figura un piragüista do Club Fluvial Barco, o asturiano Miguel Fernández Castañón, que competirá en K-2 sénior xunto ao padexeiro tamén asturiano Diego Fernández Bedia (sub 23), do CDB Los Cuervos.

 

 

Back to top button