DeportesÚltima hora

Un parque de aventura valdeorrés para este Nadal, no centro de Ourense

Estará instalado no Xardín do Posío ata o 9 de xaneiro de 2022

 

Dende o venres día 17 de decembro e ata o domingo 9 de xaneiro, os nenos de Ourense disporán dun novo espazo de xogo en familia no Xardín do Posío, en Ourense, da man dunha empresa de aventura valdeorresa coordinada por Iván Valle, con pontes tibetanas, un circuíto de cordas e ata unha tirolina.

No parque, instalado por Vianova Aventura, a cativada disporá de dous niveis de dificultade, segundo a destreza de cada quen, nas que terán que sortear un total de 8 pontes, en cada nivel. O nivel máis sinxelo atópase a unha altura de 1,40 metros e o de máis dificultade a 4 metros.

Os circuítos realizanse con casco e arnés suxeitos a un cable de vida continua, baixo a supervisión de monitores especializados, que vixiarán os percorridos da rapazada e colocarán os EPIS e material de seguridade necesario para a realización desta actividade, seguindo en todo momento os protocolos Covid esixidos.

O acceso á actividade coordinada polo Concello de Ourense como parte da programación de Nadal, será gratuíto (por orde de chegada) e o horario, de 11 a 13:30 e de 16:30 a 20 horas. Permanecerá pechado os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e 5 de xaneiro.

Fotos: Vianova Aventura.

Artigos relacionados

Back to top button