ConcellosÚltima horaVilamartín

Un paseo arqueolóxico polo concello de Vilamartín da man das Letras de Florencio

Guiada por José Fernández, a ruta levou aos participantes por algúns dos vestixios históricos do municipio

 

Estamos no ano das Letras de Florencio Delgado Gurriarán polo que ao longo dos meses vanse sucedendo as iniciativas culturais, educativas e lúdicas en torno á figura do poeta natural de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), o homenaxeado das Letras Galegas 2022.

A última tiña lugar na mañá deste domingo 27 de marzo, cunha dobre actividade no seu concello natal: unha andaina e unha presentación. Baixo o título ‘Un domingo con Florencio’ a primeira actividade era unha ruta arqueolóxico por algúns dos vestixios históricos que se atopan nos arredores de Vilamartín. Guiado por José Fernández, presidente da Sección de Arqueoloxía do IEV, a ruta partía en torno ás 11 horas do CEIP Xosé Manuel Folla Respino, para despoir coller rumbo aos restos dunha explotación aurífera de época romana que se atopa en Valdegodos así como ata os Petróglifos do Bosque.

Trala andaina, o Centro Sociocultural Sanra Lucía acollía a presentación dunha antoloxía poética editada por Galaxia.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button