ConcellosÚltima hora

Un paso máis para a aprobación do PXOM da Rúa

O pleno do Concello vén de sacar adiante, por unanimidade, a aprobación provisional
O pleno do Concello da Rúa votando a aprobación provisional do PXOM. /Foto: Mónica G. Bellver.
O pleno do Concello da Rúa votando a aprobación provisional do PXOM. /Foto: Mónica G. Bellver.

Máis de dez anos leva A Rúa pendente da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Os mesmos que leva aberto o expediente.

O PXOM é un tema que afecta ao desenvolvemento do municipio e interesa por igual a tódolos grupos políticos (malia que de momento ningún lograse a sinatura oficial) por iso, na tarde do 19 de outubro, o pleno municipal votaba de forma unánime pola aprobación provisional do documento logo de que os técnicos redactasen un informe coa corrección das enmendas presentadas pola Consellería de Medio Ambiente en maio deste mesmo ano, e outras consistentes na acotación dos fondos de edificación.

Ademais da aprobación provisional do PXOM da Rúa que será remitido á Consellería competente en materia de urbanismo para a súa aprobación definitiva, no pleno extraordinario tamén se aprobaba por unanimidade, a solicitude do fraccionamento do importe da liquidación definitiva da participación en tributos do Estado do Exercicio 2013.

Artigos relacionados

Back to top button