CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Un percorrido pola arquitectura monumental a través dos “Debuxos” de Anxo Santomil, no Casino do Barco

A exposición poderá verse ata o 30 de setembro no segundo andar

 

Dada a relación co Barco de Valdeorras, especialmente pola vinculación co Cine Club Groucho Marx, Anxo Santomil recibía este ano o encargo do Concello para elaborar o cartel da Festas do Cristo do Barco. Un cartel “vistoso, alegre e que recolle todos os elementos necesarios nun cartel de festas”,  en palabras da concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, destacando o papel de Santomil como debuxante.

 

 

Unha arte que amosa na exposición “Debuxos” que dende hoxe e ata o 30 de setembro, poderá verse no segundo andar do Casino do Barco. Trátase dunha mostra que consta de 20 debuxos sobre a arquitetura monumental realizados a pluma e tinta. Unha “pequena escolma de traballos pertence a unha colección de publicacións que teñen que ver con diversas temáticas relacionadas coas ‘Torres de Compostela’, que conforman a paisaxe urbana de Santiago; sobre o proceso de construción do Templo da Veracruz do Carballiño, un dos exemplos máis salientables da arquitetura relixiosa do século XX no territorio español, unha obra proxectada polo arquitecto Antonio Palacios e construído entre o ano 1947 e 1954; os monumentos históricos da cidade portuguesa de Coimbra; e a panorámica e recunchos do Barco e o Castro.

 

 

Na inauguración, celebrada na tarde deste martes 12 de setembro, a concelleira de Cultura explicou que con esta exposición, igual que fixeran o ano pasado coa de Lola Doporto, pretende recuperar en certa medida a esencia de ‘Valdearte’, esa iniciativa cultural que anos atrás daba o pistoletazo de saída ás Festas do Cristo, e que é posible grazas ao artista pero tamén á colaboración do Casino que cede a instalación e ao Cine Club Groucho Marx, grazas ao cal se proxecta de forma paralela á exposición, un vídeo con algúns momentos históricos do Barco como a caída da Ponte de San Fernando.

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button