ConcellosO BoloÚltima hora

Un percorrido pola historia e a arte, da man do servizo de información turística do Concello de O Bolo

 

Na mañá deste sábado 10 de decembro, un grupo de 32 persoas da comarca de Valdeorras coñecían a vila de O Bolo e a súa historia, así como a localidade de Valbuxan e o seu insigne veciño, José Porto, Yosso para pintura, Xosé de Valbuxán para a escrita.

Da man de Soledad Figueroa e Luis Carrón, os asistentes á andaina visitaron os lugares que lle serviron de inspiración ao artista e puideron comparar os cadros co que se ve na realidade a través dun dossier explicativo que formou parte da ruta que comezaba cunha breve visita ao Museo Yosso, no Bolo.

 

 

Ao final da ruta ofeceuse un pincho de empanada da Panadería Aneudi do Bolo e viño godello e mencía de Viña Corzo.

Todo o material e a ruta foi elaborada polo equipo de información turística do Concello de O Bolo e “usarase en actividades futuras”, aseguran, dando as grazas a todos os asistentes e convidándoos a seguir descubrindo este fermoso concello valdeorrés.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button