Dende doces de castaña ata licores artesáns, pasando por queixos e embutidos ata mel. Son algúns dos produtos gastronómicos tanto da Veiga, como doutros concellos próximos, que se amosaban e poñían á venda na mostra de artesanía incluída na III Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca, na Veiga, que se celebraba esta fin de semana.
Ademais tamén se facían recreacións de oficios tradicionais como o das tecedeiras ou o dos augardenteiros. Neste último caso, o encargado de facer a demostración de destilado era Pedro, veciño de Meixide, que amosaba como se facía tradicionalmente na súa causa o aguardente.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.