ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

Un raio provoca un incendio no interior dun coche en Seoane (Manzaneda)

Publicidade

 

Na tarde do mércores 27 de abril,unha forte tormenta con carga eléctrica e pedra descargaba con forza sobre o concello de Manzaneda. A saraibada cubría de forma especial os tellados e as rúas da vila de Manzaneda pero a tormenta provocaba un incidente na localidade de Seoane.

En torno ás 16 horas, un veciño de Chandrexa que se atopaba de visita, resgardábase da pedra no seu coche aparcado na rúa, en Seoane, cando de repente un raio impactaba contra el. Entraba pola parte esquerda do vehículo, entre o capó e o parabrisas, provocando un incendio no interior.

Ata o lugar achegábase Protección Civil de Manzaneda, sendo un veciño da localidade, tamén voluntario, quen ía buscar un extintor a casa e rapidamente conseguía sofocar as chamas sen ter que lamentar danos persoais. Unha vez apagado o lume o coche era recollido pola grúa e o condutor trasladado á súa casa por mediación do seguro.

https://www.youtube.com/shorts/zaLQxp6cM9U

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button