SanidadeÚltima hora

Un relatorio do doutor José L. Doval abrirá o “Curso de Controversias, Coñecemento e Transversalidade 2021/22” en Ourense

Esta iniciativa será organizada polo Colexio Médico de Ourense e poderá seguirse online

 

O Colexio Médico de Ourense abrirá mañá 26 de outubro, ás 20 horas, o “Curso de Controversias, Coñecemento e Transversalidade 2021-2022” cunha sesión especial que será impartida nas instalacións colexiais polo doutor José Luis Doval Conde, xefe de Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, ao que “esta entidade colexial e a cidadanía ourensá deben o recoñecemento pola súa traxectoria de compromiso coa sanidade pública e o coidado e os dereitos das mulleres. Aínda que a súa xubilación está próxima, o seu coñecemento e experiencia seguen sendo imprescindibles”, aseguran dende o Colexio de Médicos de Ourense.

O relatorio versará sobre “Anticoncepción e interrupción voluntaria do embarazo: onte e hoxe”. Dende o Colexio Médico de Ourense tamén se apunta que “repasar con José Luis Doval, un dos seus principais protagonistas, o desenvolvemento destas prestacións nas últimas décadas no noso medio e as claves e barreiras que aínda hoxe é necesario afrontar, será de gran interese para todas os profesionais sanitarios”.

Esta sesión será retransmitida/ gravada en streaming aberto nas plataformas da entiade colexial e na web: www.cmourense.org

Artigos relacionados

Back to top button