Deportes

Un reto de 21 kms

IV Medio Maratón de Petín e III Andaina, o 7 de setembro
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

É unha cita marcada en roxo no calendario para os afeccionados ao atletismo de longa distancia. Tamén para os camiñantes, posto que dende a súa segunda edición o Medio Maratón Vila de Petín estreaba con éxito un novidoso formato que unía carreira e andaina. A organización desta dobre proba deportiva ultima os detalles da súa cuarta edición, programada para o vindeiro 7 de setembro.

A diferenza doutros anos, desta volta non será, salvo cambios de última hora, campionato galego de veteráns. En cambio, si se mantén a data fixa coa que se poñía en marcha no 2010, o primeiro sábado de setembro, así como o formato da carreira. Así os primeiros en tomar a saída dende a praza de Petín serán os inscritos na andaina, ás seis da tarde. Media hora despois serán os atletas os que inicien a competición, cuxa meta situarase asemade na mesma praza.

O percorrido (cunha distancia de 21.097 metros que discurre polos concellos de Petín, A Rúa e Vilamartín) será o mesmo de anos anteriores, nos que ten posto a proba a resistencia dos atletas pola súa dureza.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button