ConcellosO BarcoÚltima hora

Un taxista atopa un sobre con 2.500 euros no Barco e entrégallo á Policía Local

Finalmente o diñeiro vén de serlle entregado ao seu dono, tras realizar as oportunas xestións para confirmalo

 

Dende a Policía Local do Barco vén de felicitarse a “boa fe, a honradez e a honestidade por parte dun servizo publico como é o servizo de taxis deste municipio”. Un dos seus taxistas atopaba na mañá do luns 30 de novembro, no chan da rúa da Estación, en pleno centro da vila, un sobre que contiña 2.500 euros. Nel non había ningún tipo de identificación. De inmediato entregoullo ao servizo de Obxectos peridos da Policía Local.

Finalmente, o diñeiro puido ser entregado neste 2 de decembro “ao seu lexítimo dono, despois de realizar as oportunas investigacións e xestións para confirmar que devandito cidadán era o seu dono”, tal e como informa a Policía Local do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button