CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un tendal artístico e literario para homenaxear a Rosalía de Castro, no IES Lauro Olmo

 

Hoxe, 23 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía, unha efeméride que conmemoran de xeito especial no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

No patio do centro escolar os alumnos colocaron un orixinal tendal no que se combina a decoración (flores do gusto da escritora galega) con pensamentos escritos. Unha escolma de imaxes e textos que colocaban durante o recreo, permanecendo pendurados ao vento en homenaxe á autora de Cantares Galegos.

Fotos: Mónica G. Bellver salvo as tres primeiras da galería que son cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button