
Un tractor equipado cun pulverizador industrial desinfectará novamente as rúas de Quiroga. Así o decidiu a alcaldía, que ven de intensificar as medidas para combatir á pandemia do coronavirus. Así mesmo, operarios municipais ocuparanse do fumigado manual en parques infantís e zonas de entrada aos establecementos máis concorridos.
Estes traballos, que se levan a cabo dende a declaración do estado de alarma, realizaranse todos os días a primeira e última hora. Noutro ámbito, o Concello de Quiroga tamén solicitou á Policía Local que intensifique a vixilancia en parques infantís e lugares públicos, para comprobar que se cumpren as medidas de seguridade obrigatorias.