A RúaConcellosÚltima hora

Un tramo da rúa Benito Fernández, na Rúa, permanecerá pechado ao tráfico por obras dende o luns

Tramo da rúa Benito Fernández que permanecerá cortado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

En breve comezarán as obras da primeira fase do acondicionamento do Barrio da Estación, na Rúa, e por ese motivo, e tal como figura no bando feito público polo Concello, a rúa Benito Fernández (no seu tramo entre Miguel de Cervantes e Progreso), “permanecerá pechada ao tráfico a partir do luns 6 de novembro e ata novo aviso”.

Dende o Concello, prégase que “antes dese día se retiren os vehículos estacionados no tramo sinalado”, destacando que os propietarios de vaos en edificios sitos nese tramo da rúa “poderán continuar usándoos seguindo as indicacións do persoal da empresa e da Policía Local”. Nas próximas datas o Concello habilitará outro aparcamento disuasorio para “paliar, na medida do posible, a perda de prazas de estacionamento na zona por mor das obras”, din.

Esta é a primeira parte da execución dunha actuación que afectará tamén ás rúas Silveira, Miguel de Cervantes, Real e Dr. Vila.

 

Artigos relacionados

Back to top button