Na tarde de onte, 16 de xullo, producíase unha colisión entre un turismo e un tráiler. O sinistro rexistrouse ás 20:30 horas, na N-120, á altura de Nogueira de Ramuín, a dous quilómetros dos Peares. Os bombeiros liberaron ao ocupante do turismo. Ademais, no coche viaxaba outra persoa máis, que, malia estar liberada e accesible, necesitou asistencia médica.
Alí acudiu un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero con base en Ourense para atender aos feridos o antes posible. De feito, foi necesario interromper o tráfico momentaneamente para facilitar a aterraxe da aeronave.
Tamén foi necesaria a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico, ademais dos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, que, xunto cos membros do GES de Pereiro de Aguiar, procederon a excarcerar a un dos ocupantes do turismo, atrapado no interior.
Fotos cedidas.