ConcellosO BoloÚltima horaVídeos

Un veciño de Celavente (O Bolo) homenaxea á súa nai, muller labrega nos anos 50

Felisa deu a luz ela soa e en plena sega en Pireira, na zona de Vilariño, nunha das ladeieas da aldea

 

Os 50 foron uns anos duros en Galicia, especialmente no ámbito rural, onde homes e mulleres traballaban de sol a sol para manter ás súas familias. Unha desas mulleres que igual criaba aos fillos, que atendía á casa ou andaba á sega era Felisa Álvarez, a quen medio século despois, a comezos de setembro deste 2022, homenaxeaba o seu fillo, Juan Corzo Álvarez.

 

A placa adicada a Felisa, a nai de Juan Corzo. /Foto cedida.

 

Natural de Celavente, no concello de O Bolo, a Juan sóbralle creatividade literaria contando entre as súas obras, centos de coplas e poemas adicadas aos lugares, persoas, santos e acontecementos que lle son queridos. Ten escrito sobre a súa terra, sobre pobos da contorna e tamén sobre canto santo hai no santoral e nesta ocasión facíao sobre a súa propia nai que no ano 1956, estando na sega por Pireira, en Vilariño, unha das ladeiras de Celavente, poñíase de parto dando a luz ela soa e en pleno monte.

 

 

Este feito era o que lembraban no mediodía do 2 de setembro as persoas que acompañaban a Juan na homenaxe organizada semanas antes (el mesmo se encargou de limpar e adecentar o acceso ao lugar dende a estrada de Celavente), coa inauguración da placa coas súas verbas escritas na honra a Felisa. O acto, no que o propio Juan lia o texto e cantaba unha copla, contou coa presenza do director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo, que tocou unha peza á gaita; e tamén da cantora Jacinta de Lentellais que compartiu os seus cantares cos asistentes.

Un bonito acto en memoria desas mulleres do rural galego, labregas e loitadoras que tanto traballaron para sacar aos seus fillos adiante.

Vídeos cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button