DeportesPescaÚltima hora

Un veciño de Penouta (Viana) pesca unha troita de 4,100 kg no encoro do Bao

Carlos García Yáñez coa troita de 4,100kg pescada no encoro do Bao./ Foto cedida.

 

Co premio gordo remataba Carlos García Yáñez a xornada de pesca deste domingo 9 de abril. Logo de máis de 40 minutos pelexando cunha gran troita no encoro do Vao (preto de Santa Mariña da Ponte), este veciño de Penouta (Viana do Bolo) lograba capturar o fermoso exemplar de 4,100 kg e entre 50 e 60 cm.

“A única forma de pescar as troitas deste tamaño é cansalas e custoume”, asegura Carlos, un gran afeccionado á pesca que xa ten capturado exemplares incluso máis grandes. “O ano pasado collín unha de 3,100 kg e antes collera unha de máis de 5 quilos”, lembra o pescador, recoñecendo que hai unhas semanas escapouselle unha enorme. “Debía pesar uns 8 quilos e quedei coas ganas, a ver se outro día cae”, conclúe.

 

Artigos relacionados

Back to top button