ConcellosÚltima hora

Un verán cargado de actividades en San Xoán de Río

O día grande das festas será o 10 de agosto co Xantar do Emigrante e a actuación de Pili Pampín
Festas de San Xoán en Río. /Foto: AC RíoMola.

San Xoán de Río prepárase para vivir un mes de agosto co programa de actividades “máis potente dos últimos anos”. As actividades do Concello, sumadas ás que organizará a AC RíoMola crean un extenso programa apto para todos os públicos e gustos.

O día grande das festas será o 10 de agosto e comezará coa VI edición da Feira de Artesanía. Ao mediodía celebrase o Xantar do Emigrante e xa pola tarde actuará o grupo Atenas, coa actuación da gran artista galega Pili Pampín na verbena para pechar a xornada.

A música será un dos pratos fortes do verán, coa celebración o xoves 9 do Forever Young in Río, festival que reunirá a cantautores e solistas da provincia de Ourense menores de 30 anos, entre os que destacan Canela Cafuné e (Loro) Lorena Osorio. O sábado 11 celebrarase o II Rock in Río coa banda ourensá Derroche como cabeza de cartel. Outras opcións musicais serán a actuación de varios DJs das comarcas de Trives e Caldelas e un obradoiro de hip-hop o xoves 2 de agosto.

Outro dos días potentes será o sábado 18 de agosto, coa Festa da Bicicleta e a Romaría da Veiga. Xa pola tarde celebraranse as OPR (Olimpiadas Parroquiais de Río) con multiples e divertidas probas. Ademais, para os nenos haberá inchábeis, festa da escuma, xogos populares, obradoiros, probas deportivas e cine. E para a xente de máis idade a actuación do monologuista Alberte Montes o 3 de agosto, unha cata de viños, un aberto de billarda e un torneo de tute.

Artigos relacionados

Back to top button