Galerías de fotosÚltima hora

Un xílgaro, de visita no Periódico O Sil

 

Á última hora desta mañá recibíase unha visita inesperada no Periódico O Sil. Un xílgaro golpeaba co seu peteiro nunha das fiestras da zona de redacción e despois paseábase con total tranquilidade polas ventás e tamén pola baranda do balcón. Mesmo miraba á cámara e posaba. Despois de facernos esta visita tan especial e de acompañarnos durante un bo rato, botaba a voar e marchaba.

Fotos: A.R./ Mónica G. Bellver/ Carlos García.

Artigos relacionados

Back to top button