OurenseÚltima hora

Un xogo de Sogama para celebrar o Día da Educación Ambiental e da Redución de Emisións de CO2

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense conmemoraron a data xogando ao "Tour dos tres es"

 

O labor medioambiental dos Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense, non cesa. Fabricaron 15 cinceiros que colocaron no Parque Miño, recolleron cabichas, limparon o parque “e aínda tiveron tempo de liberar libros no Centro Comercial Ponte Vella”, puntualiza o profesor e coordinador do grupo, Gonzalo Sánchez Bousóns.

E todo na conmemoración do Día da Educación Ambiental e o Día da Redución de Emisións de CO2, na que tamén xogaron ao “Tour dos tres es”, un xogo de Sogama, pensado para o alumnado dos dous últimos ciclos de Primaria (8 a 12 anos) e 1º da ESO (12 a 14 anos). Un recurso didáctico e lúdico inspirado no uso da bicicleta como referencia de mobilidade sostible, no que “o velocípedo circula sobre un taboleiro no que se simula unha carreira ciclista, onde os participantes deben facer fronte a diversos desafíos ambientais”, explica Sánchez Bousóns, engadindo que a través do programa Stars España fomentan hábitos de vida saludable e co proxecto Libera “dicimos Stop Basuraleza”.

 

Colocando cinceiros no parque.

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button