CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Uned amplía o prazo de matrícula ata o 13 de novembro

No curso académico 2017-2018 implantaranse os dous primeiros cursos en Criminoloxía na Aula Uned Valdeorras
Sede Aula Uned Valdeorras, na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

Co fin de facilitar o ingreso na Universidade a distancia de todas as persoas interesadas, a Uned amplía o prazo de matrícula ata o 13 de novembro para graos, másteres, doutorados, idiomas e curso de acceso para maiores de 25 e 45 anos.

Como novidade, no curso académico 2017-2018 implantaranse os dous primeiros cursos en Criminoloxía na Aula Uned Valdeorras, ubicada no Colexio Manuel Respino da Rúa. Ademais deste, están implantados os seguintes graos universitarios: en Antropoloxía Social e Cultural; en Filosofía; en Estudos Ingleses: Lingua; en Xeografía e Historia; en Historia da Arte; en Lingua e Literaturas Españolas; en Matemáticas; en Psicoloxía; en Administración e Dirección de Empresas; en CC. Xurídicas das Administracións Públicas; en CC. Política e da Administración; en Dereito; en Economía; en Educación Social; en Pedagoxía; en Socioloxía; en Traballo Social; en Turismo; e varias Enxeñerías (Electrónica Industrial e Automática, Eléctrica, en Tecnoloxías da Información, en Tecnoloxías Industriais, Informática e Mecánica).

Ademais dos graos, na Uned pódense cursar másteres EEES, doutorados EEES e plans antigos; licenciaturas, diplomaturas e enxeñerías; acceso á Universidade para maiores de 25, 40 e 45 anos; formación permanente e profesional, extensión universitaria e CUID (Centro de Idiomas Dixital e a Distancia).

Artigos relacionados

Back to top button