OurenseÚltima hora

UNED Ourense promocionará os viños e a gastronomía da provincia de Ourense

O venres 13 de novembro ofrecerá unha conferencia a cargo de Jorge Vila ante os outros 13 centros asociados do Campus Noroeste

Jorge Vila, fundador e director de Galicia.wine.

 

Este venres, día 13 de novembro, a UNED Ourense ofrecerá desde o seu Centro Asociado a todo o Campus Noroeste así como a toda a sociedade ourensá a conferencia “Cultura do viño e gastronomía da provincia de Ourense”, a cargo de Jorge Vila, fundador e director de Galicia. wine. O acto comezará ás 19 horas e poderá prolongarse ata as 20:30 horas.

Así a UNED presumirá da riqueza de viños e pratos ourensáns que serán mostrados aos outros 13 centros asociados que integran o Campus Noroeste e que están distribuídos en Galicia, Asturias, Castela e León así como en Estremadura. Jorge Vila ofrecerá datos significativos das catro denominacións de orixe de viños asentadas en territorio ourensán e os pratos gastronómicos típicos da provincia así como os doces, para ver que viños combinan mellor con toda esta riqueza que satisfai o padal.

Pero antes da cita ourensá, o público poderá seguir tamén outras dúas conferencias. Unha hoxe, martes 10 de novembro, tamén a as 19 horas, na que intervirá, desde o centro Asociado de Pontevedra, María do Rocío Acha Barral, conservadora de Museos do Viño e directora do Máster de Museos do Instituto Iberoamericano de Museología. Á mesma hora, pero o xoves, día 12, intervirán, desde UNED Ponferrada Óscar Cela Cobo, enxeñeiro e emprendedor así como Olga Verde Vieitez, presidenta de Bierzo Enoturismo. O título do relatorio compartido é “Visións que suman: Tecnoloxía e turismo sostible no mundo do viño”.

A conferencia prevista desde Ourense pode seguirse tamén presencialmente desde o Centro Asociado á UNED. Neste caso é preciso reservar asento a través do correo info@ourense.uned.es. O aforo será limitado por razóns sanitarias.  A ligazón para seguir tanto a conferencia desde Ourense como as que se emiten desde outros centros asociados do Campus Noroeste atópase pulsando aquí.

Artigos relacionados

Back to top button