CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

Unha alumna do IES Xermán Ancochea de Trives participará na XIV Olimpíada de Bioloxía

Nuria González Diéguez é unha das 80 estudantes galegas que fará as probas este venres na Coruña
Nuria González Diéguez, estudante de 2º de Bacharelato no iES Xermán Ancochea de Trives.

Moi orgullosos se senten no IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives, de que unha das súas alumnas de 2º de Bacharelato fose seleccionada para participar na XIV Olimpíada de Bioloxía, que se celebrará este venres 18 de xaneiro na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Nuria González Diéguez, “magnífica compañeira e cun excelente expediente académico (necesario para poder concursar, xa que só se admiten 80 participantes de toda Galicia)”, tal como aseguran dende o centro, acolleu con moita ilusión desde o primeiro momento a proposta de participación na olimpíada. Tanto a súa profesora de bioloxía, Lucía Cougil Álvarez, como os membros do equipo directivo e os demais profesores do instituto, consideran que “é unha oportunidade moi boa para ela, tanto polo recoñecemento que supón ó seu esforzo, como para enriquecer a súa experiencia persoal, pois é unha nova oportunidade de aprendizaxe”.

Aínda conscientes da dificultade da proba e do alto nivel dos demais concursantes, todos os compañeiros e profesores do centro deséxanlle os mellores resultados e sobre todo “que desfrute desta inesquecible experiencia”.

Artigos relacionados

Back to top button