Son moitas as razóns para celebrar o Día da Montaña Galega. “Para que as diferentes administracións a valoren con agarimo e razóns medioambientais, para que todas as persoas coñezan e podan admirar a beleza das nosas montañas, para que os deportistas e camiñantes en busca de emocións, aventura ou coñecementos, sintan o debido respecto e as coiden” ou para que “clubs, asociacións e federacións de montañismo sexan os gardiáns protectores e defensores dos valores culturais, medioambientais e deportivos, que sempre deben de ser as razóns prioritarias do Montañismo, que foi, é e será, Máis que un Deporte”. Así o destacan dende o Club Montañas de Trevinca que o vindeiro 17 de xuño celebrará o Día da Montaña Galega cun xesto simbólico e moi fermoso: o XXI Aniversario “Unha aperta a Trevinca”.
Trátase dunha marcha de montaña, que se iniciará ás 9h. dende Vilanova de Trevinca (A Veiga), que aposta pola concienciación e tamén por reivindicar o valor da montaña e, en concreto, que “Pena Trevinca-Cima de Galicia e todas as Montañas Galegas estean para sempre protexidas de calquera actividade realizada polo ser humano que provoque ou sexa causa da destrución dos hábitats naturais de aves, animais ou plantas”, din dende o club.
Estímase que a chegada a Pena Trevinca será entre as 13h. e as 13:30h. e, tras rematar a actividade, a partir das 14h. iniciarase o percorrido de volta.
A data límite para anotarse á actividade será o xoves de 15 xuño ata as 15:00 h. As prazas están limitadas en atención ás características de grande valor natural do itinerario. As persoas interesadas en ampliar información ou en inscribirse poden facelo no teléfono https://www.montanasdetrevinca.es/06-dia-da-montana-galega/
ou ben a través da páxina web