EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Unha cata erótica como aperitivo do SilFest Valdeorras 2022

Celebrábase na tarde deste xoves 21 de xullo no Casino do Barco

 

Música pero tamén actividades para os nenos, poesía, cine e catas. A programación desta edición do festival multicultural SilFest Valdeorras que se celebrará mañá e pasado á beira do río Sil é das máis completas e variadas que se teñen organizado.

A apertura oficial do recinto pechado no malecón do Barco de Valdeorra será mañá ás 17 horas pero as actividades paralelas, en diferentes puntos da vila comezaban xa na tarde deste xoves 21 de xullo. E facíano no Casino do Barco, cunha cata erótica guiada pola sexóloga Emma Placer encargada da parte erótica do evento e pola sumiller Mercedes González, responsable do viño.

 

 

No acto celebrado na cafetería do Casino, numerosos asistentes puderon degustar tres godellos (Cepado, Joaquín Rebolledo e A Coroa) e dous garnachas tintoreiros (Coroa Ladeira Vella e Lagar do Cigur), descubrindo de primeira man as sensacións que poden chegar a transmitir. “Unha cata ten moitas similitudes coa seducción”, dixo Emma.

Trala cata, na praza do Sagrado, serán Fátima Delgado quen poña a nota poética ao festival, acompañada pola música de Babykatze.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button