CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Unha cativa seareira do CD Barco, entre os participantes no concurso ‘Deseña unha xoia para a túa nai’

O deseño da xoia de Alejandra de la Fuente.

 

Despois do parón dos últimos dous anos, o Colexio Oficial de Xoiaría e a Federación Galega de Xoieiros, volven a poñer a proba a creatividade dos máis pequenos cun certame no que reta a nenos de 0 a 12 anos a deseñar a xoia que lles gustaría regalar á súa nai.

A mecánica do concurso, establece que os escolares teñen de prazo ata o 4 de abril para realizar os deseños que deberán subir en formato imaxe á plataforma habilitada, os pais, titores legais ou profesores dos participantes. Durante o prazo de presentación dos deseños, as propostas participantes están expostas na galería, onde se poden votar as candidaturas favoritas, ata un máximo de catro, e tamén compartir os deseños en redes sociais e por correo electrónico para incentivar o seu voto. Os 10 deseños con máis votos de cada unha das catro categorías establecidas, que diferencian ao alumnado por idades, de 0 a 4 anos, de 5 a 7, de 8 a 10 anos e de 11 a 12 anos de idade, pasarán a ser finalistas.

Unha vez rematado o prazo de presentación e votación pública de propostas, o xurado, composto por profesionais da xoiaría, educación, prensa e a arte, seleccionará outros 10 deseños finalistas por grupo, que se sumarán aos elixidos por votación pública, e, entre todos os finalistas, elixirá os 12 gañadores do certame, tres por cada unha das categorías. Finalmente, este divertido proceso de creación culmina coa execución dos deseños gañadores por xoieiros profesionais.

O fallo do xurado e a entrega dos premios ás novas promesas da creación en xoiaría terá lugar nun acto que se celebrará en Santiago de Compostela ao que asistirán os 80 finalistas, acompañados polas súas nais, para descubrir con sorpresa no trascurso do acto o nome dos 12 artistas gañadores aos que se lles fará entrega da xoia que deseñaron.

E entre esas futuras promesas da creación en xoiería está Alejandra de la Fuente González, unha nena seareira do CD Barco que presentou o deseño dunha fermosa pulseira, na categoría de  11 a 12 anos.

Para votar polo seu deseño só hai que picar na ligazón e seguir os pasos: https://pr.easypromosapp.com/entries/935028

Artigos relacionados

Back to top button