CarballedaConcellosÚltima hora

Unha colisión entre dúas furgonetas en Carballeda de Valdeorras deixa seis persoas feridas leves

 

Na tarde deste xoves 5 de marzo producíase un accidente de tráfico na OU-122 en Carballeda de Valdeorras, no que se vían implicadas dúas furgonetas e que deixaba seis persoas feridas “todas leves”, segundo indican dende o 112 Galicia.

A colisión producíanse pasadas as 17:30 horas entre os quilómetros 12 e 13, na localidade de Lardeira, e dende o 112 informaban aos servizos sanitarios (061), GES Valdeorras, Garda Civil de Tráfico e Bombeiros do parque comarcal.

Back to top button