DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unha contrarreloxio abre no Barco a Tres Lunas Race

A primeira das probas desta competición en bicicleta de montaña comezaba ás seis da tarde do 29 de marzo no Malecón

Unha proba contrarreloxo individual tipo circular de 15 km con 240 m de desnivel positivo encetaba na tarde do 29 de marzo no Malecón a Tres Lunas Race, unha competición en bicicleta de montaña. A xornada concluía co acto de entrega de premios ás 20h. Nesta cita había ciclistas de diferentes clubs da provincia (como os ourensáns CC Dúas Rodas, Correlumes Ourense ou os locais de Tres Lunas Valdeorras), pero tamén doutros puntos da xeografía española.

A proba contará con outras dúas etapas máis nesta fin de semana: a segunda será (O Barco-O Barco) con 80 km e de tipo circular, que sairá ás 9h. A derradeira etapa, novamente circular, terá como saída Quereño ás 9h., que será tamén o punto de meta tras un percorrido de 64 km.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Artigos relacionados

Back to top button