O SilFest é música, é gastronomía, é viño, é natureza, son xogos, un festival pensado para desfrutar en familia e durante toda a fin de semana, no que bailar, cantar, catar, xogar e, por que non, mercar.
A maiores da ampla oferta gastronómica, con espazos para comer e beber, no recinto hai de novo un espazo de mercadiño cunha docena de postos con produtos variados á venda, dende prendas de vestir ou bixutería, ata artesanía.
Como xa é habitual, tampouco falta o posto de Cruz Vermella Valdeorras por se fose necesaria atención sanitaria.
Fotos: Mónica G. Bellver.



