Última hora

Unha feira do viño valdeorresa sen conselleiros

O acto inaugural estivo presidido desta volta polo secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Valdeorras bota de menos a presencia de conselleiros. A última vez na que un conselleiro de Medio Rural acudía a inauguración da Feira do Viño de Valdeorras era en agosto de 2011, cando o titular deste departamento era Samuel Juárez. O pasado ano a actual conselleira, Rosa Quintana, desculpaba a súa ausencia debido ao grave lume que afectaba á comarca valdeorresa. Desta volta, non había lume, pero Rosa Quintana tampouco veu. Nin á inauguracióin da feira, nin o resto do ano a visitar a denominación. Sen embargo, é frecuente a súa presenza noutras zonas vitivinícolas ourensás como o Ribeiro, na que estivo na súa feira do viño en maio e no pasado mes de xuño no acto de entrega de premios desta D.O., que ademais estivo presidido polo presidente da Xunta. Tamén visitaba Quintana hai uns meses unha adega de Quiroga, moi preto de Valdeorras, e pertencente á D.O. Ribeira Sacra.

Nesta edición o acto inaugural da mostra valdeorresa estivo presidido polo secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, quen preguntado pola prensa polos danos da forte granizada sufrida na tarde do venres 12 de xullo en Valdeorras e o día anterior no Ribeiro, que en ambos casos afectaron de maneira importante ao viñedo nestas comarcas, daba a seguinte resposta: “non temos datos aínda pechados, parece que nalgunha zona houbo unha granizada moi intensa, pero en todo caso, a min gustaríame recordar a liña que nós levamos para todas producións primarias, é a liña do seguro. A Consellería invirte cada ano máis de 6 millóns de euros en colaborar nestes seguros para as producións primarias e a tranquilidade para un produtor ten que ir sempre da man de ter adecuadamente aseguradas as súas producións”.

Texto: O Sil/Redacción

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button