
Por terceiro ano a Fundación Cum Laude convocou, xunto ao Centro Comercial Ponte Vella de Ourense, o concurso de primavera de fotografía dixital Ponte Vella.
Baixo o lema ‘Cores de Ourense’, foron moitas as instantáneas que participaron nesta edición, entre elas varias de fotógrafos valdeorreses, sendo un deles, Manuel Juan Otero quen levaba o terceiro premio pola fotografía ‘Primavera, los primeros brotes’.

O primeiro premio foi para José Vázquez por ‘La llegada’ e o segundo para Modesto Martínez por ‘Amo las amapolas’. Outro valdeorrés, Álvaro Rodríguez “Purre” levaba un accésit por ‘O sangue altera’. Ademais, Arsenio Blanco e Edesio Fernández, do Barco, foron seleccionado por ‘Perlas de la naturaleza’ e ‘Coleóptero en flor de valeriana’, respectivamente.
As fotografías gañadoras e tamén as seleccionadas ata un total de 25, permanecen expostas na zona de exposición permanente do Centro Comercial Ponte Vella.
