Saturno, Xúpiter e a Vía Láctea acenden un fermoso ceo nocturno, visto dende o miradoiro estelar das Tablillas (A Veiga). Un ceo que o fotógrafo barquense retrata nunha das súas fotografías, incluída na exposición “Ceos Galegos”, que dende o 30 de decembro pode verse na Casa das Ciencias da Coruña. Esta é ademais unha das imaxes que forman parte do calendario editado polo proxecto de divulgación científica que leva ese mesmo nome.
Esta exposición achega fotografías do ceo nocturno e diurno tomadas en diversos puntos de Galicia. Debido á situación sanitaria actual, só é posible acceder ao planetario da Casa das Ciencias e sempre con reserva de entrada previa, polo que esta exposición unicamente pódese visitar ao entrar ou saír dunha sesión do planetario.
Fotos cedidas por Sindo Novoa.