
Nova cita co teatro o vindeiro venres 18 de novembro no Barco da man compañía Cámara Negra. A partir das 21h. presentará no Teatro Lauro Olmo do Barco a súa nova obra “Si esto es un hombre”, baseada no libro homónimo de Primo Levi. A peza está dirixida e interpretada por Carlos Álvarez-Ossorio que foi finalista, pola súa interpretación, nos pasados Premios Max.
Esta singular proposta escénica achega a vida dos prisioneiros dos campo de concentración nazis e da historia reciente de Auschwitz.