ConcellosÚltima horaVídeos

Unha lontra atrapando cangrexos no río Sil, ao seu paso polo Barco

 

Moi preto do Paseo do Malecón barquense, na marxe esquerda do Sil, esta tarde de domingo unha lontra sorprendía a unha persoa que paseaba pola beira do río. Estaba buscando cangrexos entre as pedras, que logo comía. Ao percatarse da presenza humana desaparecía rapidamente baixo as augas.

Un pouco máis alá, río arriba, outra lontra chamaba a atención das persoas que cruzaban pola pasarela que conecta a zona vella do Barco con Viloira.

Dende estas liñas agradecemos a cesión destas imaxes.

Vídeo cedido.

https://youtube.com/shorts/xHHJ7VJjWOY?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button