
O 24 de agosto de 2015 un grupo de 6 veciños das Casas Baratas do Barco de Valdeorras solicitaban por escrito no Concello, a organización das festas de San Roque 2016. Ese mesmo grupo que forma a comisión deste ano, asegura que si se van celebrar os actos lúdicos, asegurando ter falado coas familias de loito, que non se opoñen á súa celebración. “Temos o seu apoio para levar a cabo as festas” aseguran, engadindo que dos 450 veciños empadronados no barrio (nenos incluídos) “conseguimos 300 sinaturas apoiando a esta comisión”. Así pois, segundo adiantan, seguirán cos preparativos do programa festivo como estaba previsto.
Deste xeito, este grupo de veciños de San Roque, responde á noticia publicada nesta web o 11 de maio na que a comisión de festas neste barrio barquense nos anos anteriores, aseguraba que non ía organizar os festexos este ano.



