Na mañá deste venres 30 de agosto producíase un accidente de tráfico en Vilamartín de Valdeorras no que resultaba ferida unha persoa tras ser atropelada por unha moto, tal como confirman dende o 112 Galicia.
Os feitos tiñan lugar en torno ás 8 da mañá na rúa Miguel de Cervantes e era un particular o que informaba ao 112 de que “unha moto atropelara a unha muller e que estaba tendida sobre o paso de peóns. Tamén indicaba que a moto xa non estaba no lugar dos feitos”.
Os xestores do 112 Galicia infromaban aos servizos sanitarios e tamén aos bombeiros do parque comarcal que “finalmente non chegaron ata o lugar porque a ferida era trasladada antes”. Tamén informaron a Protección Civil de Vilamartín de Valdeorras, á Garda Civil de Tráfico e ao GES Valdeorras.