ConcellosLaroucoÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico na OU-533 en Larouco

 

Arredor das 15:35h. deste mércores 26 de maio producíase un accidente de tráfico na estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña) no punto quilométrico 45,5, no cruce de Freixido (Larouco). Un vehículo cun único ocupante saíse da vía.

Ata o lugar do sinistro desprazábanse de inmediato o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, o 061 Urxencias Sanitarias, así como a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Larouco e mantemento de estradas.

Como resultado do sinistro resultaba ferido o condutor do vehículo, que era trasladado ao Hospital Público de Valdoerras en ambulancia.

Artigos relacionados

Back to top button